O veo alzado (en inglés: The Lifted Veil) é unha novela de George Eliot, publicada orixinalmente en 1859. Ó contrario que outras obras de ficción realista polas que Eliot é máis coñecida, O veo alzado explora temas de percepción extrasensorial, a esencia da vida física, a posible vida após a morte e o poder do destino. A novela forma parte da tradición vitoriana de ficción de terror, xunto a Dr. Jekyll e Mr. Hyde de Robert Louis Stevenson (1886) e o Drácula de Bram Stoker (1897).
Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[1] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.
Notas