O val da vinganza (en inglés: In a Valley of Violence) é un filme estadounidense de 2016 escrito e dirixido por Ti West. Jason Blum foi o produtor a través da súa compañía Blumhouse Productions. Está protagonizado por Ethan Hawke, Taissa Farmiga, James Ransone, Karen Gillan e John Travolta. Estreouse internacionalmente en South by Southwest o 12 de marzo de 2016,[2] e tivo un lanzamento limitado a través de formato de vídeo baixo demanda o 21 de outubro de 2016 por Focus World. Foi un fracaso comercial que só recadou 61 797 dólares, mais recibiu eloxios por parte da crítica que alabou o guión, a dirección e as interpretacións.
Estreouse en galego o 3 de marzo de 2021 a través da TVG.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas