O outro lado da esperanza (en finés: Toivon tuolla puolen) é un filme finlandés de 2017 escrito, producido e dirixido por Aki Kaurismäki. O filme foi producido pola compañía de Kaurismäki, Sputnik. En decembro de 2016, foi escollido para competir no 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3] A historia trata dun empresario finés que coñece un solicitante de asilo sirio que busca á súa irmá desaparecida. Kaurismäki sinalou que este filme será o derradeiro como director.[4]
Estreouse subtitulado en galego en 2019 en NUMAX (Santiago de Compostela).[5]