O lago das garzas azuis é un libro de Alfonso Pexegueiro ilustrado por Xosé Freixanes. Publicado por vez primeira en maio de 1994, da man da Editorial Lumen (Barcelona) en castelán[1], Edicións Xerais publicouno por vez primeira en outubro de 2005.[2]
É un conto en verso sobre a infancia. Fala dos nenos do mundo, con especial atención ós que viven en situación de pobreza. Os nenos buscan o Lago das Garzas, baixo as areas do deserto de Nabalpam, e escapan dos Cazadores de Reiseñores Brancos.
As ilustracións son de Xosé Freixanes. O deseño da portada é a varias cores, e os deseños interiores adoitan ser un debuxo en azul, ás veces acompañados dunha foto en branco e negro.
Notas