O ganso salvaxe (xaponés: gan 雁) é unha novela clásica de Mori Ōgai, publicada orixinalmente de forma serializada entre o 1911 e o 1913.[1] Conta a historia dun amor non correspondido no Toquio do 1880, en plena occidentalización do Xapón.[1] A obra contén comentarios sobre os cambios sociais acontecidos entre os períodos Edo e Meiji, incluíndo os dilemas e frustracións das mulleres.
Sinopse
Suezo é un prestamista canso da súa esposa. Otama, a única filla dun comerciante viúvo, convértese na amante de Suezo para axudar economicamente ao pai. Cando Otama descobre que está casado, séntese traizoada. Entón, coñece a Okada, un estudante de medicina do que se namora.
Adaptacións
A novela foi adaptada nunha película homónima do 1953 dirixida por Shirō Toyoda, na que actuou Hideko Takamine.[2]
Traducións
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas