O día dos tramposos (en inglés: There Was a Crooked Man...) é un filme estadounidense de 1970 dirixido por Joseph L. Mankiewicz e protagonizado por Kirk Douglas e Henry Fonda. É o único wéstern feito por Mankiewicz. Foi escrito por David Newman e Robert Benton, sendo o seu primeiro guión xuntos despois de Bonnie and Clyde.
Sinopse
Ambientado en 1883,[1] Paris Pitman, Jr. e o seu grupo de homes entran na casa do adiñeirado gandeiro Lomax e róubanlle os 500.000 dólares que Lomax gardaba nunha caixa forte disfrazada de mesa. Logo do posterior tiroteo entre os ladróns e a familia Lomax, Pitman mata varios dos seus propios homes e logo foxe. Sendo o único sobrevivente, agocha o botín nun niño de serpes de cascabel no deserto.
Personaxes
Notas