O afundimento do Titán

O afundimento do Titán
Título orixinalFutility, or the Wreck of the Titan
Autor/aMorgan Robertson
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela de aventuras
EditorialHugin e Munin (en galego)
Data de pub.1898 (en inglés)
2013 (en galego)
Formatorústica con lapelas
Páxinas100
ISBN9788494121135 (en galego)
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

O afundimento do Titán[1] é unha novela en lingua inglesa do estadounidense Morgan Robertson, publicada en 1898 co título orixinal de Futility, or the Wreck of the Titan. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar,[2] publicada en 2013 pola editorial Hugin e Munin.[1]

Características

A historia trata sobre o transatlántico Titán e o seu afundimento, o cal garda moitas similitudes co transatlántico RMS Titanic, que se afundiría catorce anos despois.

A primeira metade do libro introduce o protagonista, John Rowland, un ex-tenente da Mariña Real, que deveu un borracho e caeu aos niveis máis baixos da sociedade. Logo de ser despedido da Mariña, traballa no Titán como vixía. O barco afúndese pouco antes da metade da novela, que de seu ten apenas 100 páxinas. Na segunda metade Rowland salva unha nena ao que salta sobre un iceberg con ela. Despois dunha serie de aventuras, é finalmente rescatado por un buque. E aí comeza unha segunda historia relacionada co pagamento do seguro polo afundimento da embarcación.

Notas

  1. 1,0 1,1 O afundimento do Titán. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2013. ISBN 978-84-941211-3-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!