O Val, Narón

O Val
Igrexa de Santa María a Maior do Val.
ConcelloNarón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°33′22″N 8°12′47″O / 43.55618872, -8.21296292
Área13 km²
Poboación1.804 hab. (2017)
Densidade138,77 hab./km²
Entidades de poboación38[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María a Maior do Val é unha parroquia rural, que se localiza no noroeste do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.722 habitantes (859 mulleres e 863 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.602 habitantes. A súa densidade poboación é de 132 hab/km².

Ten unha superficie de 13 km², o que a converte na meirande do concello. Limita ó norte co océano Atlántico, ó sur coas parroquias de Trasancos e Castro, ó leste co concello de Valdoviño e ó oeste co concello de Ferrol.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Xentilicio

O seu xentilicio é valexo[2].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares do Val

Lugares da parroquia do Val no concello de Narón

O Abelleiro | Baltar | Bardás | O Cádavo | Os Canteiros | As Carballedas | O Casal | O Castro | A Cavada | As Chousas | A Cima da Vila | Ciobre | O Codesal | Cornido | Corval |O Cruceiro | A Espiñeira | As Filgueiras | O Foxo | O Grandal | O Lobeiro | A Modia | Os Outeiros | A Pedreira | O Pico do Vento | Pradedo | Quintá | O Redondo | O Río de Cortes | Santa Margarida | Sinde | O Vento | Vilacornelle | O Vilar | Os Vilares | Vilarquinte | Vilasuso


Parroquias de Narón

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!