Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Toural.
O Toural é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres).
Neste lugar está a casa consistorial de Vilaboa, así como o CPI O Toural, o centro de saúde de Vilaboa e outros servizos. Entre o seu patrimonio está a igrexa parroquial xunto coa casa reitoral e a hórrea do Toural, e dous petos de ánimas.
Toponimia
O Toural é un zootopónimo galego, que fai referencia a un lugar onde se celebraba unha feira de gando vacún.[3]
Lugares e parroquias
Lugares de Vilaboa
Parroquias de Vilaboa
Notas
Véxase tamén
Outros artigos