O Plan Marta
O Plan Marta foi un acordo migratorio asinado polos gobernos español e australiano mediante o que unhas 800 mulleres españolas, sobre todo do País Vasco e Galicia, menores de 35 anos, solteiras e católicas, viaxaron a Australia entre 1960 e 1963[1][2][3][4]A historia recóllese no documental El avión de las novias (2023).
O Plan Marta ou Operación Marta
O Plan Marta (tamén coñecido como Operación Marta)[1] foi un acordo informal asinado entre os gobernos español e australiano en 1957, deseñado para levar mulleres españolas, católicas e solteiras a Australia como parte das extensas iniciativas de inmigración a este país posteriores á Segunda Guerra Mundial.[5]
Ese mesmo ano, o Instituto Español de Emigración desenvolveu as operacións Bisonte e Alce con destino Canadá, nas que enviou unhas trescentas persoas, sobre todo de Galicia para traballar en granxas e empresas ferroviarias.[6]
Denomínase como acordo "informal" debido a que naquel momento non existían relacións diplomáticas formais entre España e Australia.[7] O acordo foi promovido por monseñor George Crennan, director nacional do Comité Federal Católico de Inmigración, quen quería aumentar a poboación católica australiana, que estaba en minoría en relación á protestante.[8][2]
Esta operación viña completar unha anterior, chamada a Operación Canguro,[9] que promoveu a emigración de homes españois a Australia a partir de 1958, sobre todo para traballar no corte de cana de azucre.[2][1] O primeiro continxente estivo formado maioritariamente por homes vascos, que xa contaban cunha comunidade establecida en Queensland.[2]A Operación Canguro seguíronlle a Operación Eucalipto (1959) e a Operación Emú (1960).[6] Algúns daqueles migrantes viaxaron coas súas esposas, pero moitos dos que foron sendo solteiros non conseguiron atopar parella.[3][1]Estes traballadores sentíanse moi sós e empezaron a solicitar repatriacións, e para evitalas os gobernos planearon enviar mulleres.[4] Algúns autores relacionaron os suicidios destes migrantes coa soidade por non atopar parella.[1][3]
A denominación do plan ten connotacións relixiosas xa que o nome de Marta fai referencia a Marta de Betania, un personaxe bíblico, irmá de Lázaro e María de Betania. Aparece nos evanxeos de Lucas e Juan, contando que Marta de Betania foi con Jesús ao Calvario onde lavaba, recollía e facía as tarefas do fogar. As serventas de O conto da criada de Margaret Atwood, e da serie de televisión do mesmo nome, tamén se chaman Marthas, por este motivo.[1]
O descubrimento
Natalia Ortiz Ceberio, profesora e investigadora da Universidade de Nova Gales do Sur, foi a Australia na década dos 90, onde estivo elaborando unha tese sobre a migración española a ese país. Atopou un libro de Ignacio García sobre os españois que foran a cortar cana a finais dos anos 50 e nel mencionábase o Plan Marta[4]. Contactou co autor e a pesar das dificultades para atopar ás mulleres, debido á súa idade, durante seis anos dedicouse a buscalas.[1][4]Outra autora, Gloria Totoricagüena, escribira sobre a diáspora vasca en Australia e ela tamén mencionaba ás Martas.[4]Segundo Ortiz, o máis difícil foi atopar a unha das Martas do primeiro avión, despois unhas mulleres déronlle o contacto doutras.[4]
Investigación
O traballo de investigación foi complexo debido a que a igrexa católica e o goberno australiano negábanse a dar os nomes das mulleres que migraran dentro do plan Marta. Aínda así, a investigación realizada por Natalia Ortiz e Javier Castro logrou identificar o número e data dos voos, un total de trece voos entre 1960 e 1963, con aproximadamente 800 mulleres.[1]
Os grupos
O primeiro grupo de Martas estivo formado por 18 mozas españolas e chegou a Melbourne (Vitoria), concretamente ao Aeroporto de Melbourne, o 10 de marzo de 1960.[5] A viaxe de ida en avión era gratuíto, pero se querían regresar antes de 2 anos tiñan que devolver o diñeiro, o que supuña anos de traballo. Como tiñan que pagar o voo de regreso do seu propio peto, resultáballes difícil regresar.[10]
Ao aeroporto de Melbourne chegaron 7 grupos:[3]
- 10 de marzo de 1960: 18 mulleres novas. [11][12]
- 10 de xuño de 1960: 23 mulleres novas.
- 17 de decembro de 1960: 23 mulleres novas.
- 13 de marzo de 1961: 60 mulleres novas. [11] [13]
- 14 de xuño de 1961: 57 mulleres novas.
- 24 de xuño de 1961: 64 mulleres novas.
- 2 de febreiro de 1963: 60 mulleres novas.
Ortiz logrou solicitar 120 testemuños e aínda continúa recibindo información daquelas "Martas" e dos seus descendentes. [1]Os resultados da investigación foron publicados no libro O Plan Marta (1960-1963).[14]Ademais, realizouse un documental titulado El avión de las novias (2023).[15][16]
A igrexa católica recrutou ás mozas mediante propaganda, tanto nas parroquias como a través de publicacións relixiosas. Antes de ir a Australia leváronas a Madrid para 'formarse' nun convento de Alcobendas, onde foron instruidas nas tarefas da cociña, o uso de electrodomésticos, un pouco de inglés, comportamento e "valores cristiáns".[17] As responsables desta preparación foron as mulleres de Acción Católica[18]que empregaban o Manual de la servidora doméstica como guía formativa.[6]
As mulleres asinaron un contrato de traballo por dous anos, en principio para facer tarefas domésticas para familias en Australia. Dixéronlles que podían regresar ao cabo de dous anos.[1]
Até chegar a Australia estiveron todas xuntas e a gusto, todo era novo para elas. Pero cando chegaron a Australia, foron separadas, unhas a unha punta de Sydney e outras á outra punta. Non as obrigaron, pero aproveitáronse da situación, da súa soidade. Procedían de pobos pequenos, non falaban o idioma local e non entendían nada.[1]
Casar españolas con españois
Foi un plan ideado polo réxime franquista e o Goberno australiano, e apoiado pola Igrexa católica. Australia quería repoboar o país despois da II Guerra Mundial con persoas católicas. A idea era que fosen mulleres solteiras, non maiores de 35 anos para que puidesen procrear, que fosen moi devotas e cunha educación limitada para non comprender ben o que asinaban e non se cuestionasen a situación. O goberno australiano non quería que se mesturasen coa poboación australiana.[1][4]
Segundo Ortiz as experiencias das Martas foron moi variadas. Algunhas ían co obxectivo de atopar noivo e casar, pero a maioría pensaba que iría traballar dous anos e logo regresaría.[1]
As mozas do plan Marta e os mozos do plan Canguro reuníanse nos sermóns dados en castelán na igrexa e nos bailes que a propia igrexa organizáballes. As vodas organizáronse de forma sinxela, tanto elas como eles estaban sós. Moitas das Martas casaron con cortadores de cana, pero tamén con pastores e albaneis.[1]
Noticias falsas
En marzo de 1963 o Sydney Sun Herald, o Canberra Timese e o Sydney Morning Herald publicaron noticias falsas sobre as Martas, dicindo que traballaban espidas.[19][20][21][22]
Segundo informou o Sydney Morning Herald, o 5 de marzo de 1963, o Cónsul Xeral de España en Australia, José Luís Díaz, desprazouse a Mildura, onde supostamente ocorreran os feitos. Xunto con dous axentes de policía de Merbein, inspeccionaron varios viñedos do distrito. Díaz confirmou que todas as mulleres implicadas estaban "a vestir moita roupa á maneira tradicional española", e que estaba absolutamente convencido de que "o informe sobre as mulleres españolas espidas non era veraz".[23]
A vida en Australia
Clubs sociais
O plan funcionou, moitas casaron moi rápido e tiveron varios fillos e fillas. Os homes tiñan máis vida social, pero elas quedaban en casa e en xeral non aprendían inglés. Para evitar o illamento, algunhas mulleres fundaron clubs sociais como o club español de Sídney e do de Melbourne.[24] Uns anos máis tarde fundáronse tamén o Gure Txoko.[4]
Recoñecementos
- O 10 de marzo de 2023, no 60 aniversario do primeiro voo de Martas, estas mulleres foron homenaxeadas no salón de plenos do concello de Guernica, Biscaia. Participaron no acto sete das mulleres, residentes en Guernica, Pamplona e Guecho. Tamén estiveron presentes José Julio Rodríguez Hernández, subdirector xeral de Políticas Españolas de Retorno e Cidadanía; Gorka Álvarez Aramburu, director da Comunidade Vasca no Exterior en Lakua; José María Gorroño, alcalde de Guernica; e representantes da Asociación Boomerang Australia e da Asociación Vasca Australiana.[3][25]
- Realizáronse homenaxes similares nas cidades australianas de Sídney, Melbourne, Perth e Canberra. Alí as autoridades españolas entregaron diplomas e cartas a un centenar de inmigrantes ou aos seus descendentes.[3]
Na literatura
A escritora Celia Santos publicou El país del atardecer dorado (2024), unha novela na que aborda a emigración a Australia de Elisa, unha "Marta" de ficción. Esta autora xa abodara a temática da migración feminina noutra novela, La maleta de Ana, ubicada en Alemania.[6]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 "'Marten' hegaldia". Berria (en éuscaro). 2023-02-08. Consultado o 2024-09-24.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Moyano, Alberto (2023-01-29). "Fueron para trabajar, se las llevaron para casarlas". El Correo (en castelán). Consultado o 2024-09-24.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 García, Ignacio (2002). Operación Canguro: The Spanish Migration Scheme, 1958-1963. ISBN 0957799012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Zubiria, Alex (2023-10-18). ""Detrás del ‘Plan Marta’ había un complot muy maquiavélico"" (en castelán). Consultado o 2024-05-02.
- ↑ 5,0 5,1 Ortiz (2019), p.34.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Las españolas engañadas del Plan Marta, la maquiavélica operación del franquismo para casarlas en Australia". www.publico.es. 2024-11-03. Consultado o 2024-11-07.
- ↑ Totoricagëna Egurrola (2008), pp.15-16.
- ↑ Mason (2018), p.141.
- ↑ "60 años de la Operación Canguro, que llevó a emigrantes españoles a Australia". La Vanguardia (en castelán). 2018-12-12. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ Moyano, Alberto (2023-01-29). "Fueron para trabajar, se las llevaron para casarlas". El Correo (en castelán). Consultado o 2024-09-21.
- ↑ 11,0 11,1 "The Age - Google News Archive Search". news.google.com. Consultado o 2024-09-24.
- ↑ "First single girl migrants arrive from Spain". Good Neighbour. 1960-04-01. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ "The Sydney Morning Herald - Google News Archive Search". news.google.com. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ "El Plan Marta (1960-1963), emigración femenina a Australia". 2023.
- ↑ "Somos documentales - El avión de las novias - Documental en RTVE" (en castelán). 2024-09-05. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ "Natalia Ortiz: "Hubo bastante secretismo alrededor de la 'Operación Marta' y su verdadero propósito"" (en castelán). 2023-01-19. Consultado o 2024-05-02.
- ↑ Jaquete, C. (2022-08-10). ""Indianos d'azucre", la historia de los emigrantes que se marcharon más lejos" (en castelán). Consultado o 2024-05-02.
- ↑ Burgos, Diario de (2023-12-18). "Novias españolas para repoblar Australia" (en español). Consultado o 2024-05-02.
- ↑ "Nude Girls Picking Grapes", Sun-Herald, (Sunday, 3 March 1963), p.22.
- ↑ "GRAPE-PICKERS WORK IN NUDE". Canberra Times. 1963-03-04. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ Sydney Morning Herald, (Wednesday, 6 March 1963), p.2.
- ↑ Molnar's cartoon is reproduced at García (2002), p.71.
- ↑ Spanish Check on Nude Pickers, The Sydney Morning Herald, (Tuesday, 5 March 1960), p.4.
- ↑ CANUDAS, ANNA (2024-03-14). "El Plan Marta: mujeres españolas enviadas a repoblar Australia en los años 60" (en castelán). Consultado o 2024-05-10.
- ↑ "El avión de las novias: una historia de emigración femenina". 2023.
Bibliografía
- García, Ignacio (2002), Operación Canguro: the Spanish Migration Scheme, 1958-1963, Jamison Center, ACT: Spanish Heritage Foundation.
- Mason, Robert (2018), The Spanish Anarchists of Northern Australia: Revolution in the Sugar Cane Fields. Cardiff : University of Wales Press. ISBN 1-786-83308-5
- Munday, Winifred (1960), "Valentina: Maid from Spain: She's One of the Family Now", The Australian Women's Weekly, (Wednesday, 24 August 1960), p.7.
- Ortiz, Natalia 2019), "Home Sweet Home" and the Myth of Returning Among Spanish Migrants in Australia: An exegesis submitted in fulfilment of the requirements for the degree of Doutor of Creative Arts, Faculty of Arts and Social Sciences, University of Technology Sydney, February 2019.
- Rowland, Noni, "The Lsughing Senoritas", The Australian Women's Weekly, (Wednesday, 16 August 1961), p.6.also see: The Weekly Round, The Australian Women's Weekly, (Wednesday, 18 October 1961), p.2.
- Tao, Kim (2018), The 60th anniversary of the Spanish migration agreement, Australian National Maritime Museum, 6 August 2018.
- Totoricagëna Egurrola, Gloria (2008), Australia : Vasconia and the Lucky Country, Vitoria-Gasteiz [Spain]: Eusko Jaurlaritzaren Argitalpen Zerbitzu Nagusia = Servizo Central de Publicacións do Goberno Vasco. ISBN 8-445-72791-5
- Expertly Domestic, The Good Neighbour, (Venres, 1 de setembro de 1961), pp.4-5.
- Immigration History from Spain to Vitoria, Museums Vitoria, 2017.
- Migrants Plead for Girls, The (Sydney) Sun-Herald, (Domingo, 14 de febreiro de 1960), p.23.
- New Australians Wed Local Girls, The Biz, (Mércores, 21 de novembro de 1956), p.25.
- What People are Doing: Information Letter for Spanish, The Canberra Times, (Martes, 20 de xullo de 1961), p.5.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|