Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Mosteiro.
San Xoán do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.
Xeografía
O Mosteiro está situada no sur da enseada de Ladrido, na marxe esquerda do río Baleo. Limita ao norte coa enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Barbos, e polo leste o río Baleo. A estrada AC- 682 atravesa a parroquia pola beiramar, polos lugares da Queira e Regueira.
Patrimonio
A igrexa parroquial atópase no lugar máis alto da parroquia entre os lugares de Seoane e Espiño, é dunha soa nave, ten campanario na fronte e un cemiterio ao seu carón. Leva abandonada desde mediados do século XX, e atópase en estado ruinoso, entre eucaliptos. A construción da estrada pola beiramar contribuíu ao desprazamento da poboación dende o alto da parroquia, provocando ese abandono e paulatina transformación en monte. En xaneiro de 2020 foi incluída na Lista Vermella do Patrimonio da asociación Hispania Nostra.[2]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares do Mosteiro
Parroquias de Ortigueira
Notas
Véxase tamén
Outros artigos