O Home Grande, tamén coñecido como Peñido, é un monte situado na Pobra do Brollón, na parroquia de Salcedo. Cos seus 824 m de altitude, está situado na zona suroeste da serra do Courel, preto do límite co concello deFolgoso do Courel.
Poucos metros ao suroeste do Home Grande, encontramos o Home Pequeno, un monte de 784 m de altitude.