Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Carregal.
O Carregal é un lugar da parroquia do Mundil no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña nove habitantes (cinco homes e catro mulleres), dous menos ca en 2010 (seis homes e cinco mulleres).
Toponimia
O topónimo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[3] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza, propia dese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín Carex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale.[4]
Lugares e parroquias
Lugares do Mundil
Parroquias de Cartelle
Notas
Véxase tamén
Outros artigos