O nó suevo (alemán: Suebenknoten) é un peiteado masculino histórico atribuído ó pobo xermánico dos suevos. O nó é descrito por Tácito na súa obra Xermania, tamén aparece na arte, en representacións dos pobos xermánicos e en corpos momificados de pantanos.
Xermania
Segundo a Xermania de Tácito, os guerreiros suevos peiteaban o seu cabelo cara a atrás ou aos lados e atábano nun nó, co suposto obxectivo de semellar meirandes e máis impoñentes no campo de batalla. Tácito tamén fala de que este estilo espallouse entre os guerreiros máis novos das tribos xermánicas veciñas, mentres que entre os suevos, o nó era levado polos homes vellos como un símbolo de status, que "distingue ós homes libres dos escravos", sendo os nós máis artísticos levados polos nobres máis poderosos.[1]
Rexistros arqueolóxicos
Os nós suevos foron descubertos en varios corpos conservados en pantanos:
Home de Osterby,[2] 70-220, de Osterby preto de Rendsburg-Eckernförde, Schleswig-* Holstein, Alemaña.
Home de Dätgen,[3] 135–385, Dätgen, preto de Rendsburg-Eckernförde, Schleswig-* Holstein, Alemaña
No ano 2000, na costa do Mar Báltico en Czarnowko, preto de Lębork, Polonia, atopouse un caldeiro de bronce que representaba a homes levando o nó suevo.[4]
↑M. Macynska, D. Rudnicka, Abstract: A grave with Roman imports from Czarnówko, Lębork district, Pomerania, Poland [1]Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.