Numismatisches Nachrichtenblatt –NNB– (en galego: "Gaceta Numismática de Noticias") é unha revista de numismática publicada pola Sociedade Numismática Alemá (Deutschen Numismatischen Gesellschaft).[1]
Nunha etapa anterior, a revista fora editada pola Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, a partir do seu nacemento en 1952.[1]
Na súa forma actual publícase desde 1996. A pertenza á Sociedade Numismática Alemá implica directamente a subscrición mensual á revista.[1]
A produción editorial corre a cargo da compañía editora Battemberg Gietl Verlag, de Regenstauf.[1]
Desde 1996, o seu editor xefe é o numismático Rainer Albert.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas