Novica Veličković, nado o 5 de outubro de 1986 en Belgrado, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio, que foi ademais internacional coa selección serbia.
Traxectoria
Veličković debutou coma profesional co KK Partizan durante a tempada 2004-05. Debutou co equipo serbio na Euroliga o 3 de novembro de 2005, anotando dous puntos contra o Élan Béarnais francés.[1]
O 23 de xuño de 2009, Veličković asinou co Real Madrid da Liga ACB un contrato por dúas tempadas con opción a unha máis.[2] En xuño de 2012, o Real Madrid decidiu rescindir o contrato de Veličković debido ás súas numerosas lesións.[3]
O 31 de xaneiro de 2013, Veličković asinou ata final de tempada co KK Mega Basket serbio.[4]
O 5 de agosto de 2013, Veličković asinou un contrato por unha tempada co Brose Baskets da Basketball Bundesliga.[5] O 20 de febreiro de 2014, o equipo alemán rescindiu o contrato do xogador. Catro días máis tarde, volveu ó KK Mega Basket ata final de tempada.
O 21 de xuño de 2014, asinou un contrato dun ano co Trabzonspor BK turco.[6]
O 1 de marzo de 2016, Veličković deixou o Trabzonspor e asinou de novo co KK Partizan ata final de tempada.[7] O 8 de xullo de 2021, tras a tempada na que se converteu no xogador que máis partidos disputou coa camiseta do Partizan, Veličković anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas