Noitevella (en inglés: New Year's Eve) é un filme estadounidense de 2011 dirixido por Garry Marshall. Está protagonizado por Halle Berry, Jessica Biel, Jon Bon Jovi, Abigail Breslin, Ludacris, Robert De Niro, Josh Duhamel, Zac Efron, Héctor Elizondo, Katherine Heigl, Ashton Kutcher, Seth Meyers, Lea Michele, Sarah Jessica Parker, Michelle Pfeiffer, Jake T. Austin, Til Schweiger, Hilary Swank, Sofía Vergara, Carla Gugino e Alyssa Milano.
Noitevella é o segundo título da triloxía non oficial de filmes románticos dirixidos por Garry Marshall, todos eles ambientados en épocas festivas e cun grande elenco e historias diferentes, sendo os outros filmes Historias do San Valentín (2010) e Mother's Day (2016). Algúns membros do elenco de Noitevella xa apareceran en Valentine's Day, como Biel, Kutcher e Elizondo. Noitevella estreouse o 9 de decembro de 2011 e recadou 142 millóns de dólares.
Estreouse en galego a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas