No Doubt é un álbum de estrea da banda estadounidense de ska punk No Doubt, publicado o 17 de marzo de 1992 a través do selo Interscope Records. Orixinalmente foi gravado como unha edición independente, pero regravouse despois de que o grupo asinase con Interscope.
O disco foi lanzado durante un período no cal Estados Unidos estaba centrado principalmente na música grunge, un xénero dominado pola angustia que era case todo o contrario ao son optimista e comercial de No Doubt. A pesar das xiras, o álbum non funcionou tan ben como esperaba a discográfica, vendendo só 30.000 copias. O selo rexeitou financiar a publicación dun sinxelo do álbum, polo que No Doubt editou independentemente o seu único sinxelo, "Trapped in a Box". A banda entón rompeu con Interscope e editou independentemente o álbum The Beacon Street Collection en 1995. Este traballo comportouse mellor comercialmente, vendendo unhas 100.000, polo que Interscope financiaría o seu terceiro disco, Tragic Kingdom.
Listaxe de cancións
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"BND" | Eric Stefani, Tony Kanal |
0:45 |
2. |
"Let's Get Back" | Gwen Stefani, E. Stefani, Kanal, Tom Dumont |
4:11 |
3. |
"Ache" | E. Stefani |
3:48 |
4. |
"Get on the Ball" | E. Stefani, G. Stefani |
3:32 |
5. |
"Move On" | E. Stefani, Kanal, Dumont, G. Stefani, Adrian Young |
3:55 |
6. |
"Sad for Me" | E. Stefani, G. Stefani |
1:59 |
7. |
"Doormat" | E. Stefani, Kanal, G. Stefani |
2:26 |
8. |
"Big City Train" | E. Stefani, Kanal, G. Stefani, Dumont |
3:56 |
9. |
"Trapped in a Box" | E. Stefani, Dumont, G. Stefani, Kanal |
3:24 |
10. |
"Sometimes" | Dumont, G. Stefani, E. Stefani, Kanal |
4:29 |
11. |
"Sinking" | E. Stefani |
3:20 |
12. |
"A Little Something Refreshing" | E. Stefani |
1:18 |
13. |
"Paulina" | E. Stefani, Gabriel Gonzalez II, Chris Leal |
2:30 |
14. |
"Brand New Day" | E. Stefani, Kanal |
3:15 |