Nelson, ou Whakatū en maorí é unha cidade de Nova Zelandia situada na baía de Tasman, no extremo norte da Illa Sur. É o centro administrativo da rexión homónima e o centro económico e cultural da rexión Nelson-Tasman. Fundada en 1841, é a segunda cidade máis antiga de Nova Zelandia e a máis antiga da Illa Sur. Recibe o seu nome en honor ao Almirante Horatio Nelson, quen derrotou a españois e franceses na Batalla de Trafalgar.