A nefrita é un mineral do grupo VIII (silicatos) de acordo coa clasificación de Strunz. É unha variedade dura e de gran fino da actinolita,[1] e é o máis común e menos valioso dos dous tipos de xade que existen, sendo o outro a xadeíta.
Trala chegada da nefrita de América a Europa, asociáronselle á nefrita propiedades curativas para os cólicos e as dores de costas ou de riles, polo que recibiu o nome de lapis nephriticus que significa "pedra do ril".
Pounamu é o nome maorí da nefrita verde que se dá na costa occidental de Nova Zelandia e coa que se adoitan confeccionar hei tikis e armas tradicionais maorís como os meres.
Características
É un silicato cálcico de magnesio ou de ferro propio de rochas metamórficas. Adoita aparecer como agregados compactos de fibras entrelazadas que poden ser translúcidos ou opacos e, normalmente, de cor verde e puntos de tons máis escuros. Distínguese da xadeíta polo seu brillo aceitoso e porque se fai estelas ao fracturar.
Depósitos
Encóntrase con certa abundancia no Canadá, a China, Nova Zelandia, os Estados Unidos, Taiwán e Asia Central.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos