Nationale 7 é unha longametraxe francesa do director Jean-Pierre Sinapi, estreada no 6 de decembro de 2000.
Sinopse
O argumento xira ao redor de dúas personaxes, René e Julie. René é un discapacitado físico que polo que di parece ser que padece unha enfermidade dexenerativa. En vista de que perderá a función sexual antes ou despois por mor da doenza, decide que necesita ter sexo. Ao comezo é algo arisco e groseiro, ao non aceptar a súa enfermidade, mais conforme avanza a trama vai evolucionando e mesmo chega a ter unha relación sentimental cunha das enfermeiras ás que lles facía a vida imposíbel.
Julie é a enfermeira que acaba de chegar. É a única que se enfronta directamente a René e o pon no seu sitio. Será a encargada de lle buscar un encontro sexual cunha prostituta, feito que revolucionará a institución enteira.
De entre as personaxes secundarias, a que ten un papel máis relevante na trama é Rabah, un musulmán que despois de visitar Lourdes decide virar cristián. O feito de ser homosexual e manter unha relación sentimental con outro dos internos fai que as súas circunstancias persoais sexan algo peculiares. Quere ser bautizado baixo o nome de Johnny, polo seu cantante favorito e tendo á prostituta por madriña. A negativa dos traballadores do centro a que se celebre dita celebración será o que os leve a se manifestaren na estrada Nacional 7, impedindo o tránsito, acontecemento que dá título ao filme.
Elenco
Premios