Nagpur é unha cidade do centro da India no extremo nororiental do estado de Maharashtra. Importante nó ferroviario e fabril, sobor de todo da industria téxtil, conta con 2 405 421 de habitantes (censo 2011).
Aínda que a primeira referencia de Nagpur aparece nunha inscrición do século X, a fundación da vila adscríbese ao raxá de Gond, Bakht Buland, no comezo do século XVIII, converténdose pouco despois en capital do reino Maratha.