Nacido en Siria

Nacido en Siria
Ficha técnica
Título orixinalNacido en Siria
DirectorHernán Zin
GuiónHernán Zin
José F. Ortuño
MúsicaJean-Pierre Ensuque
Gabriel Yared
FotografíaHernán Zin
EstudioContramedia Films
La Claqueta PC
Final Cut for Real
DistribuidoraNetflix
Estrea6 de novembro de 2016
Duración86 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDocumental
Orzamento500.000 €
Recadación35.876,20 €
Na rede
IMDB: tt5356680 Filmaffinity: 874222 Rottentomatoes: m/born_in_syria
Facebook: nacidoensiria Netlix: 81077851 Editar o valor en Wikidata

Nacido en Siria é un filme documental español de 2016 dirixido por Hernán Zin, quen tamén escribiu o guión xunto a José F. Ortuño, e no que narra o éxodo provocado pola guerra civil siria dende o punto de vista de sete nenos.[1] Conta coa produción de Contramedia e Movistar, e coa participación de Canal Sur e La Claqueta.[2]

Sinopse

Dende o comezo da guerra civil siria, arredor de catro millóns de sirios tiveron que abandonar o país fuxindo da violencia. Máis da metade deles foron nenos. O documental narra a difícil situación de sete destes nenos que viven este calvario: Hamude, Jihan, Gaseem, Mohammed, Marwan, Arasulí e Kais. Teñen que afrontar os abusos das mafias, as inclemencias do mar cando foxen en patera, a incerteza sobre un futuro que a gran maioría apenas pode afrontar e o seu encerro en campos de refuxiados en condicións de masificación e insalubridade. Cando chegan ao seu destino, descobren que só é o comezo dunha nova odisea: a da integración nunha terra nova e, en moitos casos, hostil. O maior éxodo de refuxiados dende a segunda guerra mundial visto dende metro e medio de altura a través de sete historias de guerra, sufrimento e desesperación, mais tamén de superación, inocencia, coraxe e esperanza.

Produción

Zin tivo a idea de rodar o filme cando estaba a rodar un documental sobre a caza de elefantes en África e viu na televisión as imaxes de Alan Kurdi, o neno sirio que morreu afogado nunha praia turca. "Ao día seguinte xa estaba en Hungría, coa cámara". D'Antuvi quixo seguir 20 historias, pero ao final limitouno a sete.[3]

Nomeamentos e premios

Foi nomeado á Medalla do CEC ao mellor documental[4] e ao Premio Goya á mellor película documental.[5] Recibiu un dos Premios Iris do Xurado[6] e o Premio Platino ao mellor documental.[7] Nos XXII Premios Cinematográficos José María Forqué foi galardoado co premio ao mellor documental.[8]

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!