Ignacio Andrés Arroyo Varela, coñecido como Nacho Arroyo[1] ou Nacho Varela,[2] nado en Osorno, Chile o 24 de xaneiro de 2000, é un xogador de baloncesto internacional chileno. Xoga na posición de base e actualmente é membro do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto da LEB Ouro (1ª FEB).
Traxectoria
Comezou a súa carreira combinando formación académica e deportiva na Diego Catholic High school en Draper, Utah, EUA.[3]
En 2018 uniuse á canteira do CB Estudiantes cun contrato de cinco anos.[4] En 2019 debutou co primeiro equipo na Liga ACB e en 2020 renovou o seu contrato por catro tempadas máis.[5] En 2021 xogou co Estudiantes na 1ª FEB.[6]
En 2022 foi cedido ao Hestia Menorca da LEB Prata[7] e en 2023 asinou polo Força Lleida CE da LEB Ouro.[8]
En 2024 fichou polo Obradoiro CAB.[9]
Selección nacional
Participou coa selección de Chile no FIBA Américas U18 en 2018, destacando ante equipos como Arxentina e os Estados Unidos, e debutou co equipo sénior da selección en febreiro de 2019.
Palmarés
Notas
Véxase tamén
Outros artigos