Música Trap |
---|
|
Orixe musical | Southern hip hop, gangsta rap, hardcore rap, música snap |
---|
Orixe cultural | Comezos da década de 1990, Atlanta, Xeorxia, Estados Unidos |
---|
Instrumentos típicos | Caixas rítmicas, sintetizadores, sub-graves, auto-tune |
---|
Derivados | Afro trap, emo rap, hookah rap, hyperpop, trap latino |
---|
Subxéneros |
---|
Cloud rap, drill, phonk, plugg, rage, tred rap |
Xéneros de fusión |
---|
Country trap, música trap (electrónica), trap metal |
Escenas locais |
---|
Atlanta hip hop, memphis hip hop |
|
A música trap é un subxénero musical do hip hop. Xurdiu a principio dos anos 1990[1] no sur dos Estados Unidos.[2][3] Caracterízase polo uso de sons repetitivos e melodías sonoras sintéticas, primando a sonoridade e a musicalidade sobre a música e a letra.
O xénero recibe o seu nome da palabra slang de Atlanta "trap house", unha casa utilizada exclusivamente para vender drogas. A música trap usa batería sintetizada e caracterízase por complexos patróns de hi hat, bombos cun sustain longo (orixinalmente da caixa de ritmos Roland TR-808) e contido lírico que a miúdo se centra no consumo de drogas e a violencia urbana.[4][5][2][6] Utiliza moi poucos instrumentos e céntrase case exclusivamente en caixas e hi hats de dobre ou triplo tempo.[7][8]
Entre os pioneiros do xénero figuran os produtores Kurtis Mantronik, Mannie Fresh, Shawty Redd, Fatboi, Zaytoven, DJ Screw e Toomp, xunto cos rapeiros Young Jeezy, Gucci Mane e T.I. (que acuñou o termo co seu álbum Trap Muzik de 2003). O son do trap moderno foi popularizado polo produtor Lex Luger, quen produciu o influinte álbum de Waka Flocka Flame Flockaveli en 2010, e cofundou o prolífico equipo de produción de hip hop 808 Mafia.[9]
Desde que pasou ao mainstream na década de 2010, o trap converteuse nunha das formas máis populares da música estadounidense, dominando constantemente o Billboard Hot 100 ao longo da década, con artistas como Drake, Future, Cardi B, 21 Savage, Migos, Lil. Uzi Vert, Post Malone, XXXTentacion, Young Thug e Travis Scott (entre moitos outros) acadaron os primeiros postos nas listas con cancións con produción inspirada no subxénero trap.[10] Influíu na música de moitos artistas pop e R&B, como Ariana Grande, Beyoncé, Miley Cyrus, Rihanna e outros.[5][11] A súa influencia tamén se pode escoitar no reguetón e no K-pop.[11] En 2018, o hip hop converteuse na forma de música máis popular por primeira vez (segundo Nielsen Data), coincidindo co continuo aumento da popularidade do trap. [12] En 2019, os éxitos de trap acumularon un grande éxito comercial, como "7 rings" de Ariana Grande que pasou 8 semanas no número 1 da lista Billboard Hot 100; outro éxito trap foi a canción country-trap "Old Town Road" de Lil Nas X (con Billy Ray Cyrus), que bateu o récord de pasar máis semanas (19) na parte superior da lista Billboard Hot 100, ademais de converterse a canción máis rápida en acadar unha certificación de diamante.[13][14]
Características
A música trap caracterízase polo uso de ritmos e arranxos moi densos e sombríos. Conserva unha clara influencia da cultura e da música hip hop. Destaca pola súa sinxeleza escrita, chegando a usar versos sen medidas e métricas moi pouco traballadas.
Outra das características principais do trap son o uso dos efectos sonoros. Usan caixas rítmicas, sintetizadores, sub-graves... Tamén está moi marcado e integrado o uso do Auto-Tune, moitas veces de maneira esaxerada e moi criticado durante anos. O uso de modos harmónicos menores para darlle unha estética máis tétrica, triste e urbana.
A temática do trap fala dun contorno ilegal, depresivo, con drogas e con delincuencia. A lírica é totalmente entendible, xa que vén influenciada polos súa orixe nun mundo cheo agresividade e tráfico de drogas. A diferenza do rap, no trap non hai unha protesta nin unha reivindicación social o trap non ten reivindicacións nin propón solucións.[15][16]
Historia
O trap ten as súas orixes nos Estados Unidos na década de 1990, co foco inicial na cidade de Atlanta. A orixe deste estilo musical debeuse sobre todo ao auxe dos sons electrónicos e a música dance, os cales empezáronse a mesturar cos sons do hip hop, dando lugar a un novo xénero, o trap. O nome foi dado pola xente dos guetos e de lugares de intercambio de drogas, onde se popularizou rapidamente.
Co paso do temo foise estendendo tamén por outros países e obtendo unha gran fama internacional. Esta situación é visible nos países castelanfalantes onde nos últimos anos colleu grande importancia, ademais de que o seu crecemento tamén se viu influído pola saturación do reggeton no mercado musical.[15][16]
Trap en Galiza
O grupo santiagués Boyanka Kostova, formado en 2016 por Cibrán (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho Do Funk), está considerado o primeiro grupo de trap en lingua galega.[17][18] Máis tarde chegou Verto, un grupo de dous santiagueses que fixo a súa primeira aparición no programa Luar co seu tema trap "Oie gayego", ampliando deste xeito o panorama do trap galego, saíndo á luz FØ Records, C Mirazo e O Portughés entre outros.
Notas
- ↑ "T.I. & Gucci Mane Both Claim They Invented 'Trap Music' (They're Both Wrong)". okayplayer.com. Consultado o 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Raymer, Miles (20 de novembro de 2012). "Who owns trap?". chicagoreader.com (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ "Guide to Trap Music: History and Characteristics of Trap Music". masterclass.com. Consultado o 2022.
- ↑ "Quit Screwing with Trap Music: An Interview with Houston-Born Producer Lōtic". vice.com. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "How Trap Music Came to Rule the World". complex.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2023. Consultado o 2020.
- ↑ "Trap Music: The Definitive Guide". topman.com. Arquivado dende o orixinal o 2013. Consultado o 2013.
- ↑ "Fighting Weight: From the Trap to the Treadmill". gq.com. Arquivado dende o orixinal o 2016. Consultado o 2022.
- ↑ "The trap phenomenon explained". djmag.com. Arquivado dende o orixinal o 2013. Consultado o 2013.
- ↑ "Types Of Rap: A guide to the many styles of hip-hop". redbull.com. Consultado o 2020.
- ↑ "Rap overtakes rock as the most popular genre among music fans. Here's why". usatoday.com. Consultado o 2020.
- ↑ 11,0 11,1 "How Trap Music Took Over". pbslearningmedia.org. Consultado o 2020.
- ↑ "For the first time in history, hip-hop has surpassed rock to become the most popular music genre, according to Nielsen". businessinsider.com. Consultado o 2020.
- ↑ Sisario, Ben (2019). "Lil Nas X's 'Old Town Road' Breaks Billboard's Singles Record". The New York Times. ISSN 0362-4331.
- ↑ "Only 39 songs have stayed at No. 1 on the chart for more than 10 weeks — here they all are". insider.com. Consultado o 2020.
- ↑ 15,0 15,1 Fernández, Noemí (31 de xaneiro de 2019). "¿CÓMO SE CREÓ EL TRAP?". los40.com (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ 16,0 16,1 González, Iván (28 de abril de 2019). "Breve historia de los orígenes del Trap, el género musical que arrasa". buhomag.elmundo.es (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Chouza, Toño (8 de febreiro de 2019). "El trap rural gallego ha llegado para quedarse". vice.com (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2021.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (11 de agosto de 2017). "Boyanka Kostova: O trap en galego chega a Riazor". praza.gal. Consultado o 24 de febreiro de 2021.