Médico de familia é unha serie de televisión española producida por Globomedia para Telecinco. Estreada a finais de 1995 e emitida ata 1999, a serie liderou a noite dos martes durante catro anos.
Foi emitida e adaptada en Alemaña, Bélxica, Finlandia, Italia, Portugal e Rusia, entre outros países. A súa adaptación en Italia superouna en capítulos e aínda se mantén en emisión.
Sinopse
A serie conta a historia de Nacho Martín, un médico viúvo pai de tres fillos (María, Chechu e Anita) e un sobriño (Alberto), que vive ademais co seu pai, o avó destes (señor Manolo) e está namorado da súa cuñada (Alicia), coa que acabará refacendo a súa vida e tendo xemelgos (a nena chámase Elena e o neno Manuel, nacidos nun ascensor con Juani e María como comadroas). Outros personaxes principais son a asistenta da familia, Juani, e o mellor amigo de Nacho, Julio.
Elenco
Véxase tamén
Ligazóns externas