Máximo Tomé González, nado en Vigo en 1868 e finado en Ribadavia o 9 de novembro de 1925, foi un xornalista galego.
Traxectoria
Foi redactor de El Látigo e El Iris Literario de Pontevedra. Trasladouse a Ribadavia con 17 anos, e alí dirixiu os periódicos El Obrero (1891-1897) e El Avia Ilustrado (1897-1900) e fundou en 1900 El Ribadaviense, que dirixiu ata a súa morte en 1925. Tamén foi director-presidente do orfeón El Eco de Avia a partir de 1896[1].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sánchez García, Jesús (1987). Deputación Provincial, ed. Ribadavia en el recuerdo. Ourense. ISBN 84-505-5722-4.