Mátaos suavemente (en inglés: Killing Them Softly) é un filme estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Andrew Dominik e protagonizado por Brad Pitt. Baséase na novela de George V. Higgins Cogan's Trade (1974). O filme trata sobre tres delincuentes que rouban nunha operación de xogo ilegal protexida pola mafia, o que fai que a mafia envíe dous sicarios, Jackie (Pitt) e Mickey (James Gandolfini), para tratar cos autores.
O 22 de maio de 2012, o filme estreouse na competición pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012 e recibiu valoracións positivas.[5][6] Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de novembro de 2012 a través de The Weinstein Company e recibiu críticas positivas, especialmente polas interpretacións de Pitt e Gandolfini, así como pola dirección e o guión de Dominik. Recadou 37,9 millóns de dólares sobre un orzamento de 15 millóns.
Estreouse en galego o 22 de xuño de 2022 a través da TVG.[7]
Personaxes
Notas