My Best Friend's Wedding é un filme estadounidense dirixido por P.J. Hogan que se estreou en 1997. Está protagonizado por Julia Roberts, Dermot Mulroney, Cameron Diaz, Rupert Everett, Philip Bosco, M. Emmet Walsh, Rachel Griffiths, Carrie Preston e Susan Sullivan.
O filme recibiu críticas positivas e está considerado un dos máis famosos da carreira de Julia Roberts (sendo o outro Pretty Woman).[2] Commercialmente, foi un grande éxito e un dos filmes con maior recadación de 1997.[3]
A canción "I Say a Little Prayer (For You)", interpretada por Diana King e forma parte da banda sonora, o que o converteu nun éxito da Billboard Top 100. A banda sonora contén moitas cancións de Burt Bacharach/Hal David.
Sinopse
Julianne Potter, unha crítica gastronómica, decátase de que está namorada do seu mellor amigo xusto o día que el a chama para anunciarlle que vai casar cunha rapaza da alta sociedade. Só dispón de tres días para artellar un plan que lle permita rematar coa voda.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1997: Nomeado ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal (Comedia ou Musical).
- 1997: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme comedia, actriz comedia e actor secundario.
- 1997: Nomeado ós premios BAFTA: Mellor actor secundario (Rupert Everett).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas