Morte de rei

Morte de rei
Autor/aDarío Xohán Cabana
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1996
Formatotapa branda
Páxinas410
ISBNISBN 978-84-8302-069-2
editar datos en Wikidata ]

Morte de rei é unha novela de Darío Xohán Cabana, publicada en 1996. Nela o autor fai unha aproximación novelada a un dos episodios máis descoñecidos da historia de Galiza. A obra trata do reinado de D. García e do século XI nos reinos cristiáns.

Trama

D. García está preso e encadeado, vendo preto a súa fin. Vaino visitar Amaro, o fillo de Erno Cernui, que foi o cabaleiro que o criou en Galiza. A obra intercala o relato dos pensamentos e conversas do rei coa acción do día a día na prisión e o relato das súas propias vivencias como príncipe e posteriormente como rei.

En toda a primeira parte os episodios máis importantes son a infancia de García, sempre vixiado por Erno Cernui (fillo dun nobre guerreiro que se enfrontara ao Rei Fernando e agora vive apartado). Case non ve a seu pai Fernando I de Castela, de ascendencia navarra, nin á súa nai Dª Sancha (de orixe leonesa e irmá do falecido Vermudo III de León). Os seus irmáns Sancho II de Castela e Afonso VI son sempre vistos como intrigantes.

Ao longo da historia, Fernando I vai gañar para o fillo pequeno territorios aos mouros, sobre todo aparece a toma de Coímbra, e posteriormente como D. García ten que exercer de Rei enfrontándose ao bispo de Lugo e favorecendo aos pobres, o que lle vai traer moitos problemas. Estudará en Santiago de Compostela co bispo Cresconio, home de forte carácter. Aparecen as tensións de Santiago con Roma, por ser sé apostólica, a excomuñón do bispo e unha idade de ouro para Santiago.

Cóntase a morte de D. Fernando cos seus fillos Sancho e Afonso intrigando pola herdanza: a decisión de repartir os reinos entre os fillos non estaba de acordo coas leis godas e tivo que recorrer ás navarras.

A obra remata co relato das loitas entre os tres irmáns polo control dos tres reinos, loita á que D. García se resiste polo respecto que ten á súa familia, e que remata co triunfo de Afonso VI.

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!