É unha especie típica de estepas e pradarías, que se espallaou usando os prados de sega e pasteiros artificiais. Emprega como refuxios cavidades subterráneas e en menor medida faiados de edificios, sotos e búnkers.
En época de cría forman grandes colonias, que se disgregan a finais de agosto, sendo semellante aos costumes de M. myotis.
Aliméntase de ortópteros e saltóns, pousados nos talos altos, tamén sobre as árbores e nas follas destes.
Ameazas
Especialmente as derivadas da destrución ou molestias en refuxios, xa sexa por intrusión de persoas ou restauración de edificios; ao criar en grandes colonias a mortalidade, por mala xestión de accesos aos seus refuxios, sobre todo de cría, é habitualmente moi elevada.