O morcego de orellas fendidas (Myotis emarginatus) é un quiróptero do xénero, Myotis da familiaVespertilionidae.
É un morcego de tamaño mediano-pequeno, con orellas de lonxitude media e cunha incisura, nas orellas, máis marcada cá noutras especies, ten o trago curto e puntiagudo. Pelame de aspecto lanoso, de cor loura avermellada no lombo e amarelada no ventre. O pataxio insírese na base do dedo máis externo do pé. Os espécimes novos son máis escuros, sen tons avermellados. As femias son de maior tamaño e peso,
As medidas varían entre os 37,8-39,7 mm dos machos aos 39,9-42,6 mm das femias e o peso entre os 7,4-10 g dos machos e os 8,5-11,5 g das femias. Utiliza pulsos de FM, de características variables, polo que resulta moi difícil diferencialo doutras especies de Myotis pequenos. A súa fórmula dentaria é .
Vive en todo tipo de ecosistemas, aínda que evita os bosques moi pechados. Vese favorecido por unha orografía accidentada. Presente dende o nivel do mar até por riba dos 1.000 m, chegando até os 1.780 m na Serra de Baza (Selecta).
Ameazas
O tratamento da madeira dos faiados nas poboacións do norte de España, polas molestias e a toxicidade dos organoclorados habitualmente empregados. Ademais sofren as ameazas xerais para os morcegos cavernícolas: crecente turismo de aventura, actos vandálicos, peches inapropiados etc.
Medidas de conservación
O uso de permetrinas en lugar de organoclorados para o tratamento da madeira deu bos resultados.
Na Rioxa subvenciónase con 30€/individuo (até 1.500€) aos particulares que teñan colonias desta especie nas súas propiedades.[1]