Morado (cor)

Varias tonalidades de morado

Morado ou morada é unha cor entre azulada e púrpura, que pode ser escura e profunda, cuxa referencia orixinal é a cor da moreira negra.[1]

A denominación de cor "morado" non denota unha cor específica ou precisa, só designa unha familia de cores que son similares entre si.

Cores frías (en inglés Cool colors, á esquerda) e cores cálidas (en inglés Warm colors, á dereita).

Lingüística

Morado provén do latín morātu, de moru -, amora, ou do galego-portugués antigo mora, de amora + participio pasado, -ado.

Morado e roxo en portugués

O termo roxo hoxe en portugués, e segundo dicionarios de galego reintegracionista, designa unha cor moi similar ou coincidente co morado.[2][3]

Aínda que recentemente variou o seu matiz semántico tanto en galego como en portugués, en galego normativo cara ao alaranxado e en portugués cara ao violeta/azulado, o termo roxo designaba até unha época relativamente recente a cor vermella (como o roxo vivo, en inglés red hot e red heat, e en castelán rojo vivo) e en particular a cor dos corpos incandescentes, tanto en galego como en portugués. Así, o termo roxo abranguía toda a parte cálida do espectro.[4][5]

Hoxe, en galego e portugués a cor morada é un termo que designa unha cor fría segundo a teoría da cor, e non mudou de significado como o termo roxo.

Notas

  1. "Morado". Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  2. S.A, Priberam Informática. "Dicionário Priberam da Língua Portuguesa". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-01-13. 
  3. "Significado de roxo no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-01-13. 
  4. "Termo "roxo" nos dicionarios históricos do galego". sli.uvigo.es ; DdD; "Dise auga roxa á agua a ferver. É transposición ou sinestesia popular da cor roxa do metal en fusión á sensación de calor". 
  5. "Sobre o uso de "roxo" en portugués no século XVI". ciberduvidas.iscte-iul.pt. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!