O moonwalk é un movemento de baile que crea a ilusión de estar sendo empurrado cara a atrás mentres se intenta camiñar cara a adiante.[1] Unha técnica de popping, volveuse moi popular en todo o mundo despois de que Michael Jackson a executara durante unha actuación de "Billie Jean" en Motown 25: Yesterday, Today, Forever o 25 de marzo de 1983. Este especial gravado para televisión foi emitido o 16 de maio de 1983.[2] Posteriormente converteuse nun dos sinais característicos do artista.[3][4]
Notas
↑Banes, Sally. Writing Dancing in the Age of Postmodernism, Wesleyan University Press, 1994, p. 139.