Monte do Gato é un dos cumios máis altos da comarca de Betanzos con 512 metros de altura. Fai de límite natural entre os concellos de Concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras.[1]
Ao pé do monte, na vertente nordés, está o paso natural que comunica A Coruña con Lugo, por onde discorre a estrada N-VI. Na zona localízase a torre de Teodomiro. Hai tamén varios agros de mámoas e petróglifos.
Ruta
Polo contorno do Monte do Gato trazouse unha ruta dentro do Plan Mandeo, a ruta SM.15, deseñada para bicicletas.