O monte Korab (en macedonio: Голем Кораб, Golem Korab; en albanés: Korabi) é a maior elevación orográfica da Macedonia do Norte e máis de Albania, con 2.764 m de altitude (a antiga medida indicaba 2.751 m). O grupo montañoso do que forma parte constitúe unha porción da fronteira entre a Macedonia noroccidental e a Albania oriental. O Monte Korab pertence ao complexo dos Montes Šar, que se erguen un pouco máis ao oeste, non confíns con Kosovo.
Nome
O topónimo Korab é de orixe eslava e cóidase relacionado co "deus dos mares" de diversas tribos eslavas precristiás.
Macizo do Korab
O grupo montañoso do Monte Korab desenvólvese uns 40 km en dirección norte-sur, entre o curso inferior do río Drin Branco e o seu afluente o Radika.
O Monte Korab representa a cota maior dun complexo formado por diversas cimas que superan os 2500 m s.n.m.. As máis importantes son:
- Gran Korab, en macedonio Голем Кораб (Golem Korab) ou Кобилино Поле (Kobilino Pole); con 2.764 m.
- Kepi Bar (2.595 m)
- Mala Korapska Vrata (2425 m; antiga medida)
- Kabaš (2.395 m)
- Ciganski Premin (2.295 m)
- Ploča (2.235 m)
- Visoka Karpa (2.090 m)
Estas cotas son ás veces rotas por movementos tectónicos radiais, que orixinan bloques pétreos observábeis no val do río Radika, na ladeira macedonia, despois de percorrer máis de 500 m. Desde o punto de vista alpinístico e notábel a área alpina de Kabaš, con diversas paredes verticais e picos de difícil acceso. Na súa parte máis alta, por riba dos 2.000 m, o clima é alpino e inclúe algunhas mostras de flora tipicamente alpina.
Prácticas alpinísticas
Non existen restricións de ningunha clase para ascender desde o lado albanés. A zona é agora segura e as poboacións locais móstranse dispostas a colaborar. No lado de Macedonia hai que superar bastantes trámites burocráticos, e se superan irase acompañado de escolta; cómpre ter en conta que a zona fora minada durante os conflitos do ano 2001.
A mellor forma de escalar o Golem Korab é axuntarse á cordada international que se monta cada ano a inicios de setembro. A escalada está organizada polo club montañeiro PSD "Korab" de Skopje.