Antigamente chamábase monte Sumio (tamén Summeo ou Summo).[2] O topónimoFarelo é un diminutivo de Faro, en relación co monte Faro, de maior altitude.[3]
Tradición oral
Existen numerosos ditos que fan referencia á inminencia da chuvia cando o Farelo se cobre de nubes[4][5]:
Pon o pucho o Farelo, auga prós eidos.
Carapucho no Farelo, auga no pelo ou cando ten pucho o Farelo, auga no pelo.
Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira.
Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo.
Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito.
↑Vázquez Saco, F. (2003). Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia & Consellería de Educación e Ordenación Universitaria & Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.