Monte Damavand

Monte Damavand
O Damavand
O Damavand
Altitude 5.610 m
Latitude 36°57′14″ N
Lonxitude 52°6′43″ O
Rexión Irán
Montaña Montes Elburz
Primeiro ascenso ??
Tipo de volcán Estratovolcán, inactivo
O Damavand localízase no norte de Irán

O monte Damavand (en escrita árabe: دماوند), tamén dito Donbavand, é un estratovolcán de 5.610 m. de altura que constitúe a maior elevación do Irán. E tamén o volcán de maior altitude de toda Asia.

Situación

O Damavand érguese lixeiramente ao sur do mar Caspio, no centro da cadea montañosa dos Montes Elburz, preto das aldeas de Vararu, Sesang, Gol-e Zard e Mianrud, no departamento de Amol, na provincia de Mazandaran, a 66 km ao nordeste da capital do país, Teherán. Os principais centros urbanos da área son a cidade de Rineh e a de Larijan, famosa polas súas fontes termais.

Actividade volcánica

A montaña está cualificado como dormente, porén mostra indicios de certa actividade, pois existen fumarolas preto do cráter da cima que depositan sulfuros, e que teñen sido particularmente activas o 6 de xullo de 2007.

Montañismo

Existen seis itinerarios de subida recoñecidos. O máis popular é o do sur, que dispón dun campamento a unha altura de arredor de 4.000 m. A ruta máis longa é a de nordeste. Precísanse dous días para atinxir a cima, partindo desde a aldea de Nāndal, pasando unha noite no refuxio Takht-e Fereydun (4.300 m). A vía oeste ten sona polas fermosas vistas que se contemplan no solpor. Esta vía ofrece tamén un refuxio de dous andares que foi construído recentemente, e que se coñece como Simorgh.

O Damavand na cultura iraniana

O Damavand ocupa un lugar particular na mitoloxía iraniana. Non textos e na mitoloxía zoroástrica, o dragón tricéfalo Aži Dahāka estaba encadeado ao monte Damāvand, condenado a ficar así até a fin do mundo. Nunha versión máis tardía da mesma lenda, o tirano Zahhāk estaba encadeado, de xeito semellante, nunha gruta do monte Damāvand, logo de ser vencido por Kāveh e Fereydūn.

No Šahnâmeh, a montaña estaba dotada de poderes máxicos.

Na literatura irania , o Damavand é o símbolo da resistencia contra os soberanos estranxeiros. Mohammad Taqī Bahār, por exemplo, compuxo unha célebre casida, titulada Damāvand.

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!