Montañas Byam Martin

Modelo:Xeografía físicaMontañas Byam Martin
Imaxe
Tipogroup of mountains (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNunavut, Canadá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 73°13′42″N 78°37′15″O / 73.2283, -78.6208
CordilleiraMontes Baffin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.951 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Angilaaq (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.951 m Editar o valor en Wikidata )

As montañas Byam Martin son unha cordilleira moi accidentada que se estende de leste ó oeste da illa Bylot en Nunavut, Canadá. E unha das serras máis setentrionais do mundo e, xunto coas montañas Baffin, das que son extensión, forman parte do sistema montañoso da cordilleira Ártica. O cume máis alto é o Angilaaq, de 1951 m, situado preto do centro da illa. O territorio caracterízase por ter picos escarpados e vales profundos con glaciares que causan unha grande actividade erosiva.[1] Malia non ter asentamentos polo inhóspito do territorio, si recibe visitas dos inuit de Pond Inlet e arredores. Xeoloxicamente compóñense de rochas ígneas cristalinas da era arcaica e de metasedimentarias e metamórficas do proterozoico.

Historia

A primeira expedición ás montañas Byam Martin da que se ten coñecemento data de 1931 por Pat Biard. Atravesou a illa Bylot dende o glaciar Aktineq ata a baía Bathurst, na costa leste, volvendo polo glaciar Sermilik. O 7 de xuño de 1939 escalou un pico sen nome de 1829 m. En 1954 o escalador estadounidense Ben Ferris, membro do club de montañismo de Harvard, subiu ó monte Thule (1711 m). O explorador británico Bill Tilman fixo unha expedición no 1963 navegando ata a costa norte e atravesando a illa cara ó sur, sen realizar ascensos ós cumes. Laurie Dexter, un pastor anglicano residente na rexión ártica, explorou e ascendeu a varias montañas da costa sur. En 1974 o doutor George Van Brunt Cochran escalou un pico sen nome ó oeste do glaciar Narsarsuk, na costa sur. En 1977 unha expedición canadense de cinco persoas, liderada por Rob Kelly, cruzou a illa de noroeste a sueste, ascendendo a un total de 20 cumes. O 27 de xullo fixérono ó que Pat Biard subira no 1939. En xuño de 1981 outra expedición canadense, desta vez de catro persoas do club de montaña Grant MacEwan, e liderada por Jack DeBruyn, atravesou a illa de noroeste a sur, facendo 15 escaladas das que 14 foron primeiros ascensos máis o de Pat Biard, ó que chegaron o 3 de xullo. Tres anos despois outra expedición canadense, encabezada por Mike Schmidt, cruzou a illa de norte a sueste, con 28 cumes e 16 primeiros ascensos.

Imaxes

Notas

  1. Canadian Arctic - Bylot Island, arquivado do orixinal o 23 de decembro de 2010.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!