Mont Blanc

Modelo:Xeografía físicaMont Blanc
(it) Monte Bianco
(fr) Mont Blanc Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña
Cumio
punto máis alto
Pico piramidal (pt) Traducir
Pico ultraproeminente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deSete Cumios
drainage divide between the Adriatic and Mediterranean seas (en) Traducir
Fronteira entre Francia e Italia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaChamonix, Francia, Saint-Gervais-les-Bains, Francia e Courmayeur, Italia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°49′58″N 6°51′54″L / 45.8328, 6.865
CordilleiraMacizo do Mont Blanc Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude4.805,59 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico2.812 km Editar o valor en Wikidata
Material usadogranito
Gneis Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
8 de agosto de 1786 Q124504945 Traducir, ⇒ Jacques Balmat, Michel-Gabriel Paccard (pt) Traducir
11 de xullo de 2013 fastest climb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Mont Blanc (en francés) ou Monte Bianco (en italiano) (Monte Branco, en galego) é a montaña granítica culminante dos Alpes, cunha altura oficial de 4.810,45 metros (segundo a última medición, en setembro de 2009). Trátase do punto máis elevado de Europa Occidental e un dos máis altos do resto de Europa, superado só por varias montañas de Rusia e Xeorxia como o Elbrus de 5.642 metros.

O Mont Blanc, rodeado de vales con numerosos glaciares, forma parte do macizo do Mont Blanc que se estende entre as demarcacións do Val de Aosta, en Italia, e de Alta Savoia, en Francia. As cidades máis habitadas próximas ao Mont Blanc son Chamonix-Mont-Blanc e Saint-Gervais-les-Bains, situadas en Francia, e Courmayeur en Italia.

A situación do cume é compartida entre Italia e Francia por un tratado internacional de 1860, aínda que desde entón se mantén certa controversia e diferentes fontes cartográficas atribúen enteiramente a localización a un de ambos os países. Así, os mapas do Instituto Xeográfico Nacional de Francia inclúen todo o cume dentro das propias fronteiras, o que contrasta co mapa xeográfico do Arquivo de Estado de Turín, segundo o cal o cume é integramente italiano.

Numerosos glaciares atópanse arredor del: ao sur os glaciares de Freney, de La Brenva, de Miage, do Mont Blanc e de Brouillard; e ao norte, os glaciares de Bossons e de Taconnaz. En 1957 iniciouse a construción do túnel do Mont Blanc (rematouse en 1965), que ten 11,6 km de longo e é unha das maiores rutas de transporte transalpina, xa que une Italia e Francia. O macizo do Mont Blanc é o berce do alpinismo; as expedicións empezaron cara ao século XVIII e son un destino de referencia en Europa para a práctica do sendeirismo, o esquí e o snowboarding.

Historia

A montaña maldita

Le prieuré de Chamouni, le mont Blanc, l'aiguille du Goûter, le glacier des Bossons, pintado por Jean-Antoine Link.

Até o século XVIII era habitualmente denominada «Montaña maldita» polos habitantes da rexión; de feito unha montaña do macizo aínda mantén esta denominación, o monte Maldito. A principios de século realizáronse varias procesións entre os habitantes de Chamonix, debido a que o "mer de Glace" (un glaciar do macizo) se achegaba perigosamente á vila.

Unha lenda conta que existía un reino encantado no cume, onde estaba a raíña das fadas, a «deusa branca», que vivía en prados verdes e fiaba o destino dos habitantes do val. Segundo as crenzas da época, estas entidades divinas debían ser respectadas e veneradas, xa que os cumes emitían un tipo de influencia, unha forza sobrenatural, que guiaba os homes sen que eles o soubesen e cuxa influencia podía ser boa ou mala, segundo os casos. Co cristianismo consideráronse estas divindades como demos invisibles e hostís.

No verán de 1741, o viaxeiro inglés William Windham (1717–1761), que xa realizara expedicións en Exipto e en Oriente, organizou xunto con Richard Pococke (1704–1765) unha expedición de descubrimento ao val de Chamonix, que tiña entón a reputación de ser un lugar inhóspito e perigoso. Cando chegou, marabillouse do aspecto do val e dos precipicios, que segundo el, "podían espantar as almas máis firmes". Subiron até o lugar chamado Montenvers, no lateral do glaciar que Windham bautizou como Mer de Glace ("Mar de Xeo"), e foron os primeiros en observalo e amosar o interese que representan os glaciares. Windham recolleu tamén algunhas lendas dos habitantes do lugar, que afirmaban que pola noite, sobre os glaciares, se efectuaban festas de bruxos que bailaban ao son da música. Co racionalismo de finais do século XVIII e ao triunfar o materialismo do século XIX, perfeccionáronse os coñecementos científicos sobre a montaña e intensificáronse as exploracións.

Expedicións e pioneiros

Monumento en Chamonix-Mont-Blanc, en honra de Horace-Bénédict de Saussure xunto a Jacques Balmat.

En 1760, un científico de Xenebra, Horace-Bénédict de Saussure, ofreceu 20 tálers aos primeiros montañeiros que conseguisen atopar unha ruta ata o cume do Mont Blanc, o cal levaba tempo observando durante as anteriores expedicións que realizara no macizo. Sucedéronse varios intentos, até que o día 8 de agosto de 1786 dous afeccionados ben adestrados de Chamonix, Jacques Balmat –buscador de cristais de 24 anos– e o doutor Michel Gabriel Paccard –quen quería observar un barómetro aneroide a esa altura– subiron até o cume pasando por Grands Mulets e baixaron sans e salvos, sendo esta a primeira ascensión. A expedición considerouse no seu tempo absolutamente extraordinaria, tamén debido á aura de supersticións, lendas e tabús que rodeaban a montaña. No cume permanceron durante media hora, o tempo suficiente para que Paccard puidese comprobar a acción da presión atmosférica co barómetro de Evangelista Torricelli, confirmando a teoría de Blaise Pascal (e repetindo o experimento levado a cabo á súa instancia por Florin Périer, o seu cuñado) sobre a redución da presión ao aumentar a altitude.

Un ano despois, o 3 de agosto de 1787, o promotor desta aventura, Horace-Bénédict de Saussure, pisou tamén o cume, acompañado polo seu criado, Jacques Balmat, e dezaoito persoas entre guías de Chamouni e portadores para levar diversos equipos científicos. No cume mandou instalar unha tenda de campaña antes de proceder ao cálculo da altitude, efectuando medicións que serviron como primeira aproximación sobre a altitude do cume. Entre todos transportaban víveres, unha escaleira, unha cama, unha estufa e un laboratorio científico con higrómetros, barómetros e termómetros, e instrumentos de medición. Tras esta expedición e outras adicadas á xeoloxía, a botánica e a cristalografía dos Alpes, escribiu libros como Relation abrégée d'un voyage à la Cime du Mont-Blanc: en août 1787 e Voyages dans les Alpes.

A primeira muller en alcanzar o cume foi Marie Paradis, o 14 de xullo de 1808, acompañando a Jacques Balmat. A segunda ascensión feminina foi a da alpinista e xornalista Henriette d'Angeville, o 4 de setembro de 1838, que publicou un diario da súa ascensión. En canto á primeira ascensión invernal feminina, foi a de Isabella Stratton en 1876. O 6 de agosto de 1864, o xeólogo e alpinista Felice Giordano foi o primeiro en efectuar a ascensión pola parte máis abrupta, na vertente italiana, mentres que a primeira ascensión invernal por esta vertente a realizou Quintino Sella, o 5 de xaneiro de 1888. Achille Ratti, o futuro Pío XI, trazou en 1890 a vía normal da vertente italiana, contribuíndo así a dar a coñecer a cidade de Courmayeur, desde onde parte a dita ruta.

O 11 de febreiro de 1914, Agénor Parmelin foi o primeiro aviador en sobrevoar o macizo e Marguette Bouvier foi a primeira muller en descender con esquís, en 1929. Jean Moine foi o primeiro en aterrar cun helicóptero sobre o cume, cun Bell 47 G en 1955. Outros feitos importantes foron cando o piloto Henri Giraud aterrou sobre o cume en apenas 30 metros, o 23 de xuño de 1960, a primeira engalaxe cun aeroescorregadores por Rudy Kishazy en 1973, a primeira engalaxe con parapente por Roger Fillon en 1982 e a primeira aterraxe cun paracaídas por Tony Bernos en 1986.

Galería de fotos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!