A Corporación Mondragón está composta por 264 empresas e entidades que se dividen principalmente en tres sectores: financeiro, industrial e distribución, ademais de abranguer tamén as áreas de investigación e formación. A súa marca máis coñecida é Fagor.
É o máis importante do grupo. Está organizado internamente en varias divisións:
Mondragón Automatización Industrial: empresas de MCC dedicadas á automatización de procesos industriais.
Fagor Automation: Sistema de control numérico (CNC). Visualizadores dixitais de cotas. Sistemas de captación lineais e rotativos. Sistemas dixitais de regulación e motores.
Mondragón Automoción. Agrupa ás empresas de MCC que pertencen ao sector de compoñentes da automoción:
Cikautxo: Pezas de caucho para fundicións de condución de fluídos, amortiguación, estanquidade e protección.
Ecenarro: Parafusos, espárragos, rótulas e pezas especiais.
Fagor Ederlan: Brazos de suspensión. Portamanguetas. Cárteres de mecanismos. Cárteres de embrague. Tapas caixas de cambio. Discos. Tambores. Calipers. Tapas de culata. Carcasa diferencial. Caixas de transmisión.
F.P.K.: Soportes de montaxe en plástico. Tapas de motor. Cápsulas de insonorización.
Mapsa: Fabricación de lamias de aluminio. Fabricación de carcasas para bomba de auga. Pezas de aluminio fundidas por baixa presión e gravidade.
Goikide. É o grupo industrial que agrupa as empresas cooperativas naturais da comarca guipuscoana do Goierri. É un grupo que non está formado por empresas do mesmo sector.
Mondragón Compoñentes. É un grupo industrial da corporación que agrupa as cooperativas que se adican a fabricar compoñentes, principalmente, para o sector dos electrodomésticos.
Equipamento. Agrupa as cooperativas que fabrican certo tipo de bens de consumo, así como compoñentes eléctricos non asimilábeis aos sectores de automoción ou electrodomésticos.
Wingroup: tendas de campaña e aparatos de ximnasia.
Fogar. Agrupa as cooperativas que fabrican bens de consumo destinados ao fogar (electrodomésticos e mobles). Inclúe Fagor Electrodoméstricos, a cooperativa en torno á cal se creou MCC.
Mondragón Enxeñaría e Servizos. Como o seu nome indica agrupa as cooperativas que realizan actividades de enxeñaría e servizos de consultoría, formación etc...
Mondragón Sistemas: automática, Informática Industrial e Telecomunicacións.
Ondoan: proxectos , especialización en temas de enerxía e medio ambiente.
Máquinas Ferramenta. Agrupa as empresas da corporación que pertencen ao sector da máquina-ferramenta. A principal cooperativa deste grupo é Danobat de Elgoibar e a maior parte delas están agrupadas dentro do Grupo Danobat.
MB Sistemas: enxeñaría para sistemas de montaxe en automoción.
Área distribución
Dentro deste sector destaca como empresa principal a cooperativa Eroski. Esta é a principal empresa da corporación MCC, tanto en número de empregados como en facturación. É un dos líderes da distribución alimentaria en España coa súa rede de hipermercados, supermercados, axencias de viaxes, perfumarías, ...
O resto de empresas desta área relaciónanse co sector alimenticio principalmente.
Auzo-Lagun: servizos de restauración a colectividadese pratos cociñados. Limpezas edificios e locais. Servizo integral sanitario.
Barrenetxe: cultivos hortícolas en invernadoiros e ao aire libre.
Escola Lea Artibai: centro de estudos secundarios (bacharelato e formación profesional), así como de estudos superiores de Enxeñaría de Polímeros. Situado en Marquina-Xemein.