Moeda de 20 francos Monte Saint-Michel

20 francos Monte Saint-Michel [1]
A/: imaxe do Monte Saint-Michel e o seu reflexo no mar.

Lenda: RÉPUBLIQUE FRANÇAISE

R/: Valor facial cruzado por franxas xeométricas. Data.

Lenda: LIBERTÉ / ÉGALITÉ / FRATERNITÉ

A moeda de 20 francos Monte Saint-Michel é unha moeda co valor facial de 20 francos franceses emitida entre 1992 e 2001, caracterizada por amosar no seu anverso unha imaxe do Monte Saint-Michel, en Normandía.[1]

Para o motivo do anverso tomouse como modelo un deseño de Jean Luc Maréchal, que posteriormente foi gravado por Jean-Pierre Réthoré, do taller de gravado da Monnaie de Paris.[1]

Moeda circulante

A moeda emitida para a súa posta en circulación ordinaria ten unha composición trimetálica. O seu centro e o aro exterior compóñense dunha aliaxe de cobre, aluminio e níquel, en tanto que o aro intermedio é de níquel. A composición total da moeda é: 920 ‰ de cobre, 60 ‰ de aluminio e 20 ‰ de níquel.[1]

Tiraxes

Ademais das indicadas nas táboas seguintes, en 1992 houbo unha emisión de 1.850 exemplares de presentación con acabamento especial (fondo espello e relevo mate), que amosan a inscrición ESSAI no reverso, encima do valor facial.[2]

Data Exemplares
1992 59.966.052
1993 54.970.000
1994 14.970.000
1995 9.996.011
1996 17.013
Data Exemplares
1997 10.000
1998 25.000
1999 25.500
2000 100.000
2001 125.000

Emisións especiais

Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén dúas versións de presentación con idéntico deseño e dimensións que os da moeda circvulante, cuñadas exclusivamente en 1992, o primeiro ano de emisión da moeda. A primeira destas versións, cunha tiraxe de 155.000 exemplares, componse dun aro exterior e un centro de ouro de 750‰, e un aro intermedio de prata de 950 ‰. O seu peso é de 12,66 gramos.[3][4]

No segundo caso, o aro exterior e o centro son de ouro de 920 ‰, e o aro intermedio é de ouro branco de 720 ‰. O peso desta versión é de 16,46 gramos e emitíronse unicamente 5.000 exemplares.[5][6]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!