Modesto Villar Ínsua

Modelo:BiografíaModesto Villar Ínsua
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Montemeao, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, maquis, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2514

Modesto Villar Ínsua, nado en Buenos Aires en 1911 e finado en Ortigueira o 1 de xuño de 1939, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Estudante de maxisterio na Coruña e profesor de ciencias na Escola de Traballo de Viveiro, era militante do Partido Galeguista dende 1933. Foi designado concelleiro de Viveiro en febreiro de 1936. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á clandestinidade. O 23 de xuño de 1937 participou no intento de asalto da tarrafa viveirense Nosa Señora das Dores cos irmáns Benedicto e Cesareo Díaz Fuentes, Jesús Iglesias Escourido e Francisco Gómez Núñez “Trostky”, co obxectivo de fuxir á zona republicana. En 1938 integrou a primeira agrupación guerrilleira constituída en Galicia, a Agrupación Chapaev (ou Tchapaief), encargándose de redactar os seus estatutos e da planificación dos golpes económicos.[1]

Xulgado en ausencia por traizón e rebelión militar. Morreu por fractura de cranio por disparos[2] nunha cova de Montemeao en Ortigueira cando a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova na que estaba refuxiado canda os seus compañeiros os irmáns Amandino (que tamén foi abatido)[3] e José Neira Fernández.

Notas

  1. "Nacionalismo a man armada" Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine., artigo de Cilia Torna en Sermos Galiza, 27 de agosto de 2014
  2. Ficha en Souto Blanco, María Jesús "A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940)". Concello de Lugo
  3. La Voz de Ortigueira, 22-7-1939, p. 3.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!