Modesto Pérez Misa

Modelo:BiografíaModesto Pérez Misa
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor en Wikidata
Nigrán, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpescador, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1883

Modesto Pérez Misa, coñecido como Mateo, nado en Nigrán cara a 1912, foi un mariñeiro e político galego.

Traxectoria

Mariñeiro, veciño de Priegue, afiliado ao Sindicato de Marineros da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Perseguido pola Garda Civil, o 19 de marzo de 1938 detiveron a súa nai Esperanza Misa Rodríguez xunto as veciñas de Panxón Emilia Sanromán Pérez, Angelina Valtierra Rodríguez e María Giraldez González e a veciña de Priegue Dolores Silva Fernández, que estiveron presas tres meses. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 9 de abril de 1938 xunto con Manuel Gallego Salgueiro.[1] Declarado en rebeldía. O 7 de outubro detiveron a Joaquina Misa Aballe, os seus irmáns Francisco e Manuel, a muller deste Matilde Figueroa Barra e o seu fillo manuel Misa Figueroa. Finalmente foi detido xunto con Manuel Gallego Salgueiro na casa deste onde estaban refuxiados o 24 de novembro de 1938. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 11 de marzo de 1939 con Manuel Gallego Salgueiro, Purificación Veiga Campos, Manuel Rodríguez Domínguez, Avelino Veiga Gallego, Julio Veiga Campos, Adelina Veiga Campos, Belarmina Quinteiro Gallego, Olivia Veiga Campos, Juana Campos Costas, Adoración Gallego González, Mercedes Salgueiro Salgueiro, Balbina Salgueiro Rodríguez, Angelina Salgueiro González, Julia Rodríguez Domínguez e Prudencio Figueiras Bastos; Modesto foi condenado a cadea perpetua.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1940.[3][4] Volveu ser detido en xuño de 1945, condenado, foi trasladado á Prisión Central de Xixón de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1945.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!