O Mitsubishi F-2 é un caza multirrol derivado do General Dynamics F-16 Fighting Falcon, e fabrcado por Mitsubishi Heavy Industries e Lockheed Martin para a Forza Aérea de Autodefensa do Xapón, cunha división do 60/40% na fabricación entre Xapón e os Estados Unidos. A base do deseño do F-2 é o F-16 Agile Falcon, unha oferta errada de General Dynamics para proporcionar unha alternativa de baixo custo á competición Advanced Tactical Fighter (ATF). A produción comezou en 1996 e o primeiro avión entrou en servizo no ano 2000. Os primeiros 76 entraron en servizo ata 2008, sendo fabricados un total de 98 aparellos. O primeiro radar de varredura electrónica activa (AESA) nun avión de combate foi o J/APG-1 introducido no Mitsubishi F-2 en 1995.[1] O F-2 é alcumado "Viper Zero", unha referencia ao nome non oficial do F-16, "Viper", e ao Mitsubishi A6M Zero.[2]
Notas