Milfollas (doce)

Este artigo trata sobre o doce, para a planta véxase Milfollas.

Milfollas con merengue.

O milfollas é un doce de forma rectangular feito de dúas ou máis camadas de masa de follado recubertas de crema ou merengue[1]. É un doce tradicional da repostería galega e de moitos outros países de Europa: España (milhojas), Francia (mille-feuille), Países Baixos e Bélxica (tompoes ou tompouce) etc. Existen tamén variantes salgadas.

Na Arxentina, Chile, Paraguai, Perú, Uruguai e Colombia, chámanlle milhojas a unha torta circular feita con camadas alternadas de masa follada e doce de leite. A tona está cuberta de azucre.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milfollas.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!