Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Micrófago.
Os animais consumidores de alimentos sólidos divídense en micrófagos e macrófagos segundo o tamaño das partículas dós alimentos inxeridos en relación ao seu propio tamaño.
Etimoloxía
Os termos micrófago, e o seu derivado microfaxia, "cualidade do micrófago", están formados polos elementos micro- e -fago e -faxia, dericados do grego antigo μικρός mikrós, "pequeno" e do elemenro -φαγία -phagía, derivado do verbo φαγεῖν phageîn, "comer".[1]
Animais micrófagos
Os animais micrófagos nútrense de presas minúsculas, ou de partículas orgánicas microscópicas.[1]
Por iso, estas materias deben seren inxeridas en gran cantidade. Estas partículas van desde restos orgánicos duns poucos nanómetros até pquenos moluscos e crustáceos, como o krill, do que se alimentan os cetáceosmisticetos, filtrando estes elementos nutritivos da auga coas súas barbas,[2] ou baleas.[3][4]
Os sistemas de inxestión de alimentos son variados: pestanas vibrántiles que aseguran unha corrente de auga e/ou de mucus, incluíndo partículas en moluscos e tunicados, por exemplo; estruturas filtrantes en crustáceos, flamengos e baleas ou, nalgunhas especies como as miñocas ou o vermeArenicola marina, que inxiren de xeito indiscriminado todo o ambiente que os rodea e que contén partículas de alimento.
Sedimentívoros: Son aqueles que procesan o todo o sedimento, inxeríndoo sobre todo para dixeriren os pequenos organismos vivos que contén ou outra materia aproveitábel.[5] Un exemplo sería a miñoca (anélidos).
Filtradores: Son os que se alimentan de partículas orgánicas ou seres vivos de pequeno tamaño que viven suspendidos na auga, como as esponxas. Para poder proceder á súa alimentación, os animais filtradores desrenvolveron distintas maneiras de reter o alimento que pode estar no fitoplancto ou no zooplancto, ou seren pequenos crustáceos e bacterias.
Fitófagos (ás veces chamados, impropiamente, herbívoros): Aliméntanse de plantas vivas, murchas ou mortas.