Meyers Patrick Leonard, nado o 27 de febreiro de 1992 en Woodbridge, Virxinia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Instituto
Leonard entrou no instituto xogando coma base e escolta, pero foi convertido a pivote tras medrar 15 centímetros entre o primeiro e o segundo ano. No instituto, Leonard foi nomeado membro do Equipo All-American de Illinois en 2010, seleccionado por Associated Press, Chicago Tribune, Chicago Sun-Times, News-Gazette e a Asociación de Adestradores de Baloncesto de Illinois. Leonard liderou ó Robinson HS ó campionato 2A da IHSA (Asociación de Institutos de Illinois) [1] antes de elixir xogar ó baloncesto na Universidade de Illinois.
Traxectoria universitaria
Freshman
Durante a tempada 2010-11 en Illinois, Leonard fixo 2.1 puntos e 1.2 rebotes en 8.2 minutos por partido.[2]
Sophomore
Coma sophomore, Leonard aumentou os rexistros do primeiro ano, facendo 13.6 puntos e 8.2 puntos por partido.[2] Foi nomeado co-xogador da semana da Big 10 o 5 de decembro de 2011, tras acadar 16.5 puntos e 6.0 rebotes por partido en dúas vitorias de Illinois.[3] Leonard foi tamén xogador da semana da Big 10 o 26 de decembro de 2011, tras facer 16.5 puntos e 14.5 rebotes por partido en dous encontros.[4] Ó remate da tempada, Leonard foi nomeado mención honorífica do All Big-10.[5]
Traxectoria profesional
O 28 de xuño de 2012, Leonard foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers.[6] O 13 de xullo de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Blazers.[7]
O 6 de xullo de 2019, Leonard foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre catro equipos.[8]
O 17 de marzo de 2021, Leonard foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2027 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Trevor Ariza.[9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|