Meritxell Borràs i Solé, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 12 de abril de 1964, é unha política catalá, deputada no Parlamento de Cataluña. Foi a Conselleira de Gobernación, Administracións Públicas e Vivenda da Generalitat de Cataluña até o 27 de outubro de 2017.[1]
Traxectoria
Filla de Jacint Borràs, un dos fundadores de Converxencia Democrática de Cataluña.[2] É licenciada en Farmacia e ten un mestrado en Xestión Empresarial pola Universidade de Barcelona ademais de realizar un curso de Liderado Político no IESE de Madrid. Traballou nos laboratorios Menarini durante sete anos e nos laboratorios Almirall durante dous anos. É socia de Òmnium Cultural, da Assemblea Nacional Catalana e do F. C. Barcelona ademais doutras entidades de Hospitalet.[3]
Traxectoria política
Militante de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC). Foi presidenta e fundadora da Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC) en 1981 en Hospitalet de Llobregat e membro do Comité executivo nacional da JNC como responsable de comunicación e formación.
É membro do consello nacional de CDC, membro do Comité executivo nacional de CDC como responsable de políticas sociais e corresponsable do eido sectorial e membro do secretariado permanente de CDC.
Dende 1995 foi concelleira do Concello de L'Hospitalet de Llobregat e voceira do grupo municipal de Convergència i Unió en Hospitalet dende 1998. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais en Hospitalet en 1999, 2003, 2007 e 2011.
En 1995 foi deputada na Deputación Provincial de Barcelona.
Ten unha ampla experiencia como deputada no Parlamento de Cataluña. Foi deputada da V, VI, VII, VIII e IX lexislaturas. Durante esta etapa foi membro da Comisión de Economía, Finanzas e Orzamento, da Comisión de Control da Actuación da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais, da Comisión de Medio ambiente e Vivenda, da Comisión de Benestar e Inmigración, da Comisión de Traballo, Industria, Comercio e Turismo e da Comisión de Saúde. Tamén foi voceira de CiU na "Comisión Pujol".[3]
O 22 de xuño de 2015, coa remodelación do Goberno da Generalitat de Cataluña despois de que Unión Democrática de Cataluña saíse do goberno foi nomeada conselleira de Gobernación e Relacións Institucionais da Generalitat.[4][5]
Causa xudicial
O 2 de novembro de 2017, a xuíz do Xulgado Central de Instrución n° 3 Carmen Lamela ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, xunto co ex-vicepresidente Oriol Junqueras e os ex-conselleiros Raül Romeva, Joaquim Forn, Dolors Bassa, Carles Mundó, Josep Rull e Jordi Turull pola investigación de tres delitos, incluídos os de rebelión, sedición e malversación.[6] Tras a asunción da causa seguida na Audiencia Nacional polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena, este determina o 4 de decembro a liberdade baixo fianza de todos os ex-conselleiros, mantendo en prisión provisional unicamente a Junqueras e Forn.[7]
O luns 14 de outubro de 2019, o Tribunal Supremo de España sala do penal, emite a sentenza da causa penal seguida contra os 12 líderes cataláns do procés, a Meritxell Borrás, a condena a 1 ano e oito meses de inhabilitación.[8]
Notas