Medalla Emilia Pardo Bazán

O Pazo de Meirás, en cuxo xardín entregáronse as Medallas Emilia Pardo Bazán en 2011

As Medallas Emilia Pardo Bazán constitúen unha iniciativa que a Xunta de Galicia creou en 2019 para recoñecer publicamente ás persoas e institucións que traballan en favor da igualdade efectiva, e o obxectivo das mesmas á visibilizar os talentos, e potenciar a visibilización social daqueles que están comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.

Premiados

Primeira edición

Na primeira edición, no propio ano 2019, o Goberno galego acordou galardoar coa Medalla Emilia Pardo Bazán á Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM), que desde Cangas e con 1400 socias, é un referente galego no apoio aos doentes deste cancro; as Cooperativas Lácteas Unidas, que no 2013 puxeron en marcha o programa Mulleres de Seu, para impulsar a participación das cooperativistas nos órganos de decisión; e Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero.[1]

Segunda edición

En 2020, na segunda edición destas distincións, recibiron as Medallas, na sede xudicial do edificio de Tabacos da Coruña a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), a Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo e a xaponesa Megumi Shiozawa, a título póstumo. O acto, presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e acompañado, entre outras autoridades, pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José María Gómez, foi un "grito de igualdade". Os asistentes, amparándose na figura de Emilia Pardo Bazán, destacaron o importante papel que desempeñou esta intelectual na loita contra as desigualdades da muller.[2]

Terceira edición

Na terceira edición, de 2021, o Pazo de Meirás acolleu por primeira vez a entrega das medallas Emilia Pardo Bazán, coincidindo co día do aniversario da escritora no ano do centenario da súa morte. O acto celebrouse nos xardíns do Pazo, pois o Goberno galego xa acordara o pasado mes de febreiro atender a petición de celebrar o 8 de marzo o acto de entrega das Medallas Pardo Bazán 2020. As personalidades recoñecidas foron a fundadora e presidenta desde 2001 até o seu falecemento en 2009, da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine Zaza Ceballos e a Asociación Mirabal. O acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e tamén asistiron representantes públicos, como o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a Consellería de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.[2][3][4]

Notas

  1. "ADICAM, CLUN e Ángeles Carmona, Medallas Emilia Pardo Bazán". CRTVG. 1 de agosto de 2019. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "El Pazo de Meirás acogerá por primera vez la entrega de las medallas Emilia Pardo Bazán" (vivagaliciatv). 16 de setembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  3. "La Xunta entrega las medallas Pardo Bazán en un acto en el que premiados instan a luchar contra la violencia machista". Europa Press Galicia. 16 de setembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  4. Pan, José Manuel (16 de setembro de 2021). "El pazo de Meirás acoge la entrega de las medallas Pardo Bazán que organiza la Xunta". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de novembro de 2021. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!